No Club de ciencias imos desenvolver un proxecto no que necesitamos unha gran cantidade de cascas de ovo. Axúdasnos a conseguilas? Só tes que premer na imaxe e seguir os pasos descritos. Non importa se as cascas rompen, xa que imos machacalas. Moitas grazas!
venres, 25 de outubro de 2024
martes, 22 de outubro de 2024
Primeiros días do Club de ciencia
Hoxe no Club de ciencia o alumnado de 1º e 2º da ESO comezou a aprender sobre fractais para, en sesións posteriores, levar a cabo a construción dalgún. O alumnado de 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato traballou o cncepto de pH, mediante a extracción das antocianinas da col lombarda e a través do revelado de mensaxes con cúrcuma. Ademais, aproveitamos a sesión para facer unha cromatografía dos pigmentos da col lombarda.
Non vos perdades a reportaxe fotográfica!
xoves, 17 de outubro de 2024
O día 22 comezamos!
Recordade que o próximo martes, 22 e outubro, comezamos o club de ciencia, que se realizará no mediodía, entre as clases da mañá e as da tarde. Aínda estades a tempo de apuntarvos!
xoves, 3 de outubro de 2024
Estreamos Club de Ciencia no IES Fernando Esquío
No curso 2024-2025 estreamos Club de Ciencia no IES Fernando Esquío! Se es alumno/a do centro e estás interesado/a en participar, faremos unha reunión informativa o martes 8 de outubro no segundo recreo, na aula de audiovisuais. Anímate e apúntate!