mércores, 27 de maio de 2026

TRABALLOS DE 1º ESO: O BOSQUE QUEIMADO, OS RESIDUOS NOS MARES E NO ESPAZO

Coa profesora Mª Carballo o alumnado de 1º ESO elaborou este material para amosarnos os inmensos danos á natureza debidos ós incendios nos bosques e a acumulación de lixo nos fondos mariños e no espazo.

Amósannos dúas esceas: antes e despois dun incendio no bosque.

Tamén construíron dúas cúpulas xeodésicas que nos amosan a acumulación de lixo, mariño e espacial, no seu interior.   

Moi bon traballo rapaces!!


  
 
 




Sesión do 12/05/2026: Elaborando mosaicos

 

MOSAICOS

Un mosaico é un recubrimento do plano formado por pezas, chamadas teselas, que encaixan perfectamente unhas con outras sen superpoñerse e sen deixar ocos sen recubrir. Unha teselación dise regular se só emprega un mesmo tipo de polígonos regulares e en cada vértice inciden o mesmo tipo de polígonos, no mesmo número e coa mesma disposición.

Chamamos mosaicos semirregulares aqueles que están formados por máis dun polígono regular.

Mosaicos uniformes son aqueles nos que en tódolos vértices concurren os mesmos polígonos regulares e no mesmo orde. 

Mosaicos non uniformes son aqueles nos que son necesarios vértices de más dun tipo para poder recubrir todo o plano. Están formados por distintas combinacións de polígonos regulares para que se poidan expandir indefinidamente no plano sen que haiba superposición nen ocos.

Nas imaxes vemos ás nosas rapazas e rapaces elaborando cadanseu mosaico. Un deles está elaborado con pentágonos irregulares. O pentágono regular non tesela o plano. 

Outros están elaborados con teselas empregadas nos mosaicos da Alhambra de Granada ("pajarita nazarí" e "hueso"). 


 


 

 

 

 






 






































Quedaron moi vistosos!!

Elaboradas as teselas en feltro de cores cortadas coa cortadora láser. Bo traballo rapazas!!

 

martes, 21 de abril de 2026

Sesión do 21/04/26: Preparando a Elaboración de mosaicos

Hoxe a sesión do noso Club de Ciencia foi na Aula de Polos Creativos. Adicamos o tempo a elixir os mosaicos que imos elaborar e, logo a cortar as pezas necesarias, coa cortadora láser. Na próxima sesión montaremos xa os nosos traballos. Aquí tedes unha pequena reportaxe.

Moitas Grazas a tod@s






mércores, 8 de abril de 2026

Día de xogos (24/03/26)

 Este día os rapaces estaban moi cansos porque acaban de rematar os exames da 2ª avaliación. Así que decidimos adicar a sesión de hoxe aos xogos educativos. Diversión asegurada rapaces!!


 

 

 

 

 







Cromatografía y Flores

Fotos de la actividad "Cromatografía y flores" realizada por el alumnado de 2º ESO A y B 

El proceso, que se puede ver completo en las fotos, fue el siguiente: 

 1º Se hicieron círculos con papel de filtro

 2º Los pintaron con líneas de rotulador

3º Mojaron los círculos con alcohol

4º Los pusieron a secar

5º Los pegaron para formar estas bonitas "flores"

Muy bien chicos!! 

 







  





luns, 9 de marzo de 2026

Preparando los carteles para los semilleros con los alumnos de 1º ESO-B

 

En estas fotos podemos ver como los alumnos de 1 ESO B la semana pasada prepararon los carteles para el semillero. 
Usaron palitos de brocheta que envolvieron con cuerda. Recortaron el plástico duro de la tapa de una libreta,…
Y carteles terminados. 

 
 


 



Ya tenemos todo preparado para identificar las plantas, ahora solo tienen que germinar las semillas. 
 
 Os quedaron genial. Buen trabajo chicos!!😊😊😊
 

martes, 3 de marzo de 2026

Mosaicos regulares e semiregulares: LibreCad e cortadora láser

 

   Hoxe, martes 3 de marzo, na sesión do Club de Ciencia os nosos rapaces aprenderon a debuxar polígonos regulares co programa LibreCad. Queremos construir mosaicos Regulares e Semirregulares (cun so polígono ou con varios) coma a este da imaxe. Para iso na vindeira sesión empregaremos a cortadora láser de Polos Creativos para cortar as pezas deseñadas por nos, e faremos mosaicos uniformes coma este:


 As posibilidades son limitadas: só hai 8 mosaicos uniformes. Tentaremos construir un de cada tipo, e por suposto, mostrarémosvos aquí os nosos resultados. 

Necesitaremos bastantes pezas pero teremos paciencia e coa axuda desta nova tecnoloxía punta, vannos quedar moi chulos.

Aquí temos algunhas imaxes do que foi aparecendo nas vosas pantallas na sesión de hoxe:


A vindeira sesión coa cortadora láser promete ser moi interesante.
Unha actividade moi tecnolóxica rapaces!!