Amosando publicacións coa etiqueta porexpan. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta porexpan. Amosar todas as publicacións

martes, 12 de novembro de 2024

Reciclaxe de porexpan

No Club de ciencia comezamos a liña de traballo sobre a economía circular, aprendendo a reciclar porexpan ou poliestireno expandido, un material plástico que causa un gran impacto ambiental nos ecosistemas, pois tarda 500 anos ou máis en degradarse. Mediante a súa reciclaxe, imos fabricar chaveiros e colgantes. Mostrarémosvos os resultados cando remate de secar e poidamos desmoldar. Tedes aquí fotos e un vídeo sobre o proceso de reciclaxe.