No noso Club de ciencia, unha das liñas de traballo que temos trata sobre a economía circular. Deste xeito, na nosa última sesión do club estivemos vendo como darlle unha segunda vida ao aceite, de maneira que elaboramos xabón a partir de aceite de oliva que fora utilizado con anterioridade para cociñar. Para facelo, mesturamos este aceite, previamente filtrado, coa cantidade adecuada de hidróxido de sodio disolto en auga. O resultado foron os xabóns que vedes na presentación.
Amosando publicacións coa etiqueta economía circular b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta economía circular b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 5 de febreiro de 2025
martes, 12 de novembro de 2024
Reciclaxe de porexpan
No Club de ciencia comezamos a liña de traballo sobre a economía circular, aprendendo a reciclar porexpan ou poliestireno expandido, un material plástico que causa un gran impacto ambiental nos ecosistemas, pois tarda 500 anos ou máis en degradarse. Mediante a súa reciclaxe, imos fabricar chaveiros e colgantes. Mostrarémosvos os resultados cando remate de secar e poidamos desmoldar. Tedes aquí fotos e un vídeo sobre o proceso de reciclaxe.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
