martes, 17 de decembro de 2024

Chegou o Nadal ao Club de ciencia do IES Fernando Esquío

Nesta última sesión antes das vacacións de Nadal, rematamos de construír a nosa árbore de Sierpinski e estivemos xogando ao Tantrix, o Jenga e o IQ. Foi unha sesión moi produtiva e quedamos moi satisfeitos cos resultados!

No enlace deixámosvos todas as fotos relativas ao día de hoxe.

mércores, 4 de decembro de 2024

Mans robóticas

O alumnado participante no Club de ciencia construíu as mans robóticas que podedes ver na imaxe, empregando cartón, unhas cordas e tubos plásticos. Trátase dun proxecto desenvolvido polo Departamento de Tecnoloxía. Deixámosvos uns vídeos para que poidades ver o funcionamento. Non vos perdades o ben que lles quedaron os traballos!