xoves, 30 de xaneiro de 2025

Introdución á construción de mosaicos

Na pasada sesión do club de ciencia coñecimos a obra de M.C. Escher, a través dun vídeo e algunhas láminas das súas obras máis populares. Proximamente trataremos de construír mosaicos sinxelos, ao estilo de Escher.
Ademais, dedicamos un anaco a aprender xogando, cos libros "Problemas de Matemáticas para Novatos", e construímos unhas bandas de Moebius.
Deixámosvos as fotografías da sesión!

venres, 17 de xaneiro de 2025

Cianotipia e resolución de enigmas

Na primeira sesión do Club de ciencia despois das vacacións de Nadal, o alumnado da ESO estivo resolvendo enigmas do libro El país de las mates para novatos, así coma debuxando o mapa do camiño percorrido.

Pola súa banda, o alumnado do Bacharelato estivo facendo cianotipias e coñecendo a figura de Anna Atkins, da que faremos unha exposición polo Día da Muller e da Nena na Ciencia.