xoves, 20 de febreiro de 2025

Necesitamos un logo para o noso Club de Ciencia!


Anímate a participar no concurso de logos do noso Club de ciencia. Tes ata o día 4 de abril para presentar o teu traballo. Ademais de convertirse no logo representante do Club, haberá premio para o deseño gañador!

Consulta as bases aquí.

luns, 10 de febreiro de 2025

Día da Muller e da Nena na Ciencia

Para conmemorar o Día da Muller e da Nena na Ciencia, no Club de ciencia traballamos a figura de Anna Atkins e fixemos as nosas propias cianotipias. Ademais, en colaboración co EDLG, elaboramos unha presentación sobre esta científica. Todos estes traballos témolos expostos no noso corredor. Para que poidades velos, deixámosvos unha presentación. Esperamos que vos guste!

mércores, 5 de febreiro de 2025

Elaboración de xabóns

No noso Club de ciencia, unha das liñas de traballo que temos trata sobre a economía circular. Deste xeito, na nosa última sesión do club estivemos vendo como darlle unha segunda vida ao aceite, de maneira que elaboramos xabón a partir de aceite de oliva que  fora utilizado con anterioridade para cociñar. Para facelo, mesturamos este aceite, previamente filtrado, coa cantidade adecuada de hidróxido de sodio disolto en auga. O resultado foron os xabóns que vedes na presentación.