xoves, 27 de novembro de 2025

Cambios de estado del agua: explicando la lluvia

Seguimos aprendiendo realizando experimentos: en este, nuestros alumnos de 2º ESO, observan tres cambios de estado del agua: evaporación, condensación y fusión. Además nos explican también el fenómeno de "lluvia" generado al caer las gotas del agua condensada, que se precipitan por su peso.

Os mostramos una selección de vídeos. Muchas gracias a todos por vuestra participación!!

 







 
 

 

martes, 18 de novembro de 2025

Mensaxes secretas para reivindicar a non Violencia de xénero: 25N

Hoxe os nosos rapaces aprenderon como un cambio na acidez pode xerar un cambio de cor nunha sustancia orixinalmente transparente, volvèndose así visible. E basándonos nesta propiedade,deron cor a unha mensaxe invisible contra a violencia de xénero, facendoa así lexible para todos.

mércores, 5 de novembro de 2025

Ciencia nas aulas: Os nosos rapaces de 1º ESO, preocúpanse pola súa pegada de carbono

Os nosos rapaces de 1º ESO A e B, fixeron estes días de outubro un estudo sobre a súa pegada de carbono. Un estudo estatístico en cada aula do que colgaron toda a información recollida: primeiro fixéronse preguntas sobre a súa actividade diaria, e reflexionaron sobre como impacta a súa vida diaria no noso medio ambiente; logo elaboraron un mural en cada clase con todos os datos recollidos, e por último, elaboraron un gráfico plasmando douto xeito estes resultados e reflexionaron sobre qué aspectos dos seus hábitos poden cambiar para salvar ao noso maltratado planeta, redactando ademáis as súas conclusións. Xenial rapaces!!. Con todo isto aprendido, seguro que o futuro do noso planeta está en boas mans!

Ciencia no Samaín co "Desafíos monstruosos de Física e Química"

E máis ciencia divertida no noso centro: para celebrar o Samaín ao xeito científico, os alumnos de Física e Química de 2º ESO tiveron que resolver os "Desafíos Monstruosos". Aprenderon Física e Química celebrando o Samaín que é moito máis divertido.

martes, 4 de novembro de 2025

3ª Sesión: Depuradoras rematadas!! Funcionan, qué nervios!!

Hoxe os nosos pequenos científicos comprobaron que todo o esforzo foi recompensado polo éxito final. Aínda que se botou de menos algún detalle, pero así é a tarefa científica pequenos constructores: ensaios, erros e melloras. Achegándonos á perfección!! As cousas non saen á primeira e a area fixo algún tapón. Pero así é o aprendizaxe cada día. Podemos comprobar os nervos e a emoción dos nosos rapaces nos vídeos!!