mércores, 27 de maio de 2026

TRABALLOS DE 1º ESO: O BOSQUE QUEIMADO, OS RESIDUOS NOS MARES E NO ESPAZO

Coa profesora Mª Carballo o alumnado de 1º ESO elaborou este material para amosarnos os inmensos danos á natureza debidos ós incendios nos bosques e a acumulación de lixo nos fondos mariños e no espazo.

Amósannos dúas esceas: antes e despois dun incendio no bosque.

Tamén construíron dúas cúpulas xeodésicas que nos amosan a acumulación de lixo, mariño e espacial, no seu interior.   

Moi bon traballo rapaces!!


  
 
 




Sesión do 12/05/2026: Elaborando mosaicos

 

MOSAICOS

Un mosaico é un recubrimento do plano formado por pezas, chamadas teselas, que encaixan perfectamente unhas con outras sen superpoñerse e sen deixar ocos sen recubrir. Unha teselación dise regular se só emprega un mesmo tipo de polígonos regulares e en cada vértice inciden o mesmo tipo de polígonos, no mesmo número e coa mesma disposición.

Chamamos mosaicos semirregulares aqueles que están formados por máis dun polígono regular.

Mosaicos uniformes son aqueles nos que en tódolos vértices concurren os mesmos polígonos regulares e no mesmo orde. 

Mosaicos non uniformes son aqueles nos que son necesarios vértices de más dun tipo para poder recubrir todo o plano. Están formados por distintas combinacións de polígonos regulares para que se poidan expandir indefinidamente no plano sen que haiba superposición nen ocos.

Nas imaxes vemos ás nosas rapazas e rapaces elaborando cadanseu mosaico. Un deles está elaborado con pentágonos irregulares. O pentágono regular non tesela o plano. 

Outros están elaborados con teselas empregadas nos mosaicos da Alhambra de Granada ("pajarita nazarí" e "hueso"). 


 


 

 

 

 






 






































Quedaron moi vistosos!!

Elaboradas as teselas en feltro de cores cortadas coa cortadora láser. Bo traballo rapazas!!