mércores, 9 de abril de 2025
A xeometría da Alhambra
martes, 8 de abril de 2025
Cienciaflix
No mes do libro e da lectura, desde o Club de ciencia do noso IES queremos facervos unha serie de recomendacións de lecturas científicas que nos parecen moi interesantes. Animádevos e levade algunha delas para estas vacacións de Semana Santa!
martes, 1 de abril de 2025
Caleidociclos
Na sesión de hoxe estivemos traballando cos caleidociclos. Primeiro explicamos en que consisten estas formas xeométricas e, despois de ver un vídeo sobre o proceso, os alumnos/as construíron os seus propios caleidociclos, algúns deles utilizando plantillas xa decoradas e, outros, elaborando os seus propios deseños.
martes, 18 de marzo de 2025
Continuamos construíndo mosaicos
Estas últimas semanas do club de ciencia continuamos traballando sobre os mosaicos.
Tras a anterior introdución sobre Escher e a súa obra, nunha segunda sesión acerca desta temática, o alumnado aprendeu sobre os debuxos xeométricos da Alhambra (nos que se inspiraron moitas das obras do autor) e debuxou varios deses mosaicos: o óso, a pajarita e o pétalo.
Posteriormente, nunha terceira sesión, os alumnos e alumnas construíron o seu propio mosaico partindo dunha tesela elaborada por eles mesmos.
Deixámosvos as imaxes das sesións a continuación:
xoves, 20 de febreiro de 2025
Necesitamos un logo para o noso Club de Ciencia!
Anímate a participar no concurso de logos do noso Club de ciencia. Tes ata o día 4 de abril para presentar o teu traballo. Ademais de convertirse no logo representante do Club, haberá premio para o deseño gañador!
Consulta as bases aquí.
luns, 10 de febreiro de 2025
Día da Muller e da Nena na Ciencia
Para conmemorar o Día da Muller e da Nena na Ciencia, no Club de ciencia traballamos a figura de Anna Atkins e fixemos as nosas propias cianotipias. Ademais, en colaboración co EDLG, elaboramos unha presentación sobre esta científica. Todos estes traballos témolos expostos no noso corredor. Para que poidades velos, deixámosvos unha presentación. Esperamos que vos guste!
