martes, 7 de outubro de 2025

Un novo comezo das sesións do Club de Ciencia do Esquío

Qué alegria volver a compartir estes ratos científicos entre alumn@s e profesoras. Hoxe fixemos experimentos científicos: "Columna de densidades" e "Cromatografía" e pasámolo estupendamente. Vimos que os componentes da tinta dos rotuladores non teñen todos a mesma cor, e que nas espinacas a cor que predomina é o verde oscuro, pero poidemos visualizar que teñen outros compoñentes doutras cores. Na columna de densidades observamos como os compoñentes de distinta densidade se ían colocando uns derriba doutros: os máis densos ao fondo. Como nas capas da Terra.

martes, 23 de setembro de 2025

Comezamos un novo curso de Club de Ciencia

Anímate a participar no Club de Ciencia! Daremos toda a información na reunión deste venres no primeiro recreo.

martes, 13 de maio de 2025

Ilusións ópticas

Esta semana traballamos as ilusións ópticas. Primeiro explicamos como o noso cerebro nos leva a percibir a realidade de distintas maneiras e, despois, os alumnos estiveron construíndo unha ilusión óptica utilizando a técnica da arte óptica, a través da que lograron que un debuxo en dúas dimensións parecese ter profundidade e movemento.

xoves, 10 de abril de 2025

Concurso de logos

 

Estes son os logos presentados para o concurso lanzado polo Club de ciencia. Moitas grazas a todos/as os que participastes! Estade atentos que á volta das vacacións anunciaremos quen é o/a gañador/a!

mércores, 9 de abril de 2025

A xeometría da Alhambra

Estes días temos no noso corredor da planta baixa a presentación que leva por título A xeometría matemática na Alhambra, que vos compartimos a continuación. Un tema do máis interesante!

martes, 8 de abril de 2025

Cienciaflix

No mes do libro e da lectura, desde o Club de ciencia do noso IES queremos facervos unha serie de recomendacións de lecturas científicas que nos parecen moi interesantes. Animádevos e levade algunha delas para estas vacacións de Semana Santa!

martes, 1 de abril de 2025

Caleidociclos

Na sesión de hoxe estivemos traballando cos caleidociclos. Primeiro explicamos en que consisten estas formas xeométricas e, despois de ver un vídeo sobre o proceso, os alumnos/as construíron os seus propios caleidociclos, algúns deles utilizando plantillas xa decoradas e, outros, elaborando os seus propios deseños.