martes, 18 de novembro de 2025
Mensaxes secretas para reivindicar a non Violencia de xénero: 25N
Hoxe os nosos rapaces aprenderon como un cambio na acidez pode xerar un cambio de cor nunha sustancia orixinalmente transparente, volvèndose así visible. E basándonos nesta propiedade,deron cor a unha mensaxe invisible contra a violencia de xénero, facendoa así lexible para todos.
mércores, 5 de novembro de 2025
Ciencia nas aulas: Os nosos rapaces de 1º ESO, preocúpanse pola súa pegada de carbono
Os nosos rapaces de 1º ESO A e B, fixeron estes días de outubro un estudo sobre a súa pegada de carbono. Un estudo estatístico en cada aula do que colgaron toda a información recollida:
primeiro fixéronse preguntas sobre a súa actividade diaria, e reflexionaron sobre como impacta a súa vida diaria no noso medio ambiente; logo elaboraron un mural en cada clase con todos os datos recollidos, e por último, elaboraron un gráfico plasmando douto xeito estes resultados e reflexionaron sobre qué aspectos dos seus hábitos poden cambiar para salvar ao noso maltratado planeta, redactando ademáis as súas conclusións.
Xenial rapaces!!. Con todo isto aprendido, seguro que o futuro do noso planeta está en boas mans!
Ciencia no Samaín co "Desafíos monstruosos de Física e Química"
E máis ciencia divertida no noso centro:
para celebrar o Samaín ao xeito científico, os alumnos de Física e Química de 2º ESO tiveron que resolver os "Desafíos Monstruosos". Aprenderon Física e Química celebrando o Samaín que é moito máis divertido.
martes, 4 de novembro de 2025
3ª Sesión: Depuradoras rematadas!! Funcionan, qué nervios!!
Hoxe os nosos pequenos científicos comprobaron que todo o esforzo foi recompensado polo éxito final. Aínda que se botou de menos algún detalle, pero así é a tarefa científica pequenos constructores: ensaios, erros e melloras. Achegándonos á perfección!!
As cousas non saen á primeira e a area fixo algún tapón. Pero así é o aprendizaxe cada día.
Podemos comprobar os nervos e a emoción dos nosos rapaces nos vídeos!!
martes, 21 de outubro de 2025
2ªSesión Club de Ciencia: Construímos depuradoras (primera parte)
Vamos a construír tres depuradoras, con tres estructuras distintas. Nuestr@s alumn@s son hoy ingenieros. Han consultado los planos, y siguiendo las instrucciones han conseguido sacar todas las piezas y ya empiezan a montar y pegar. Da gusto ver como se implican en las tareas y como se ayudan entre ellos. Genial, chic@s!!
martes, 7 de outubro de 2025
Un novo comezo das sesións do Club de Ciencia do Esquío
Qué alegria volver a compartir estes ratos científicos entre alumn@s e profesoras.
Hoxe fixemos experimentos científicos: "Columna de densidades" e "Cromatografía" e pasámolo estupendamente. Vimos que os componentes da tinta dos rotuladores non teñen todos a mesma cor, e que nas espinacas a cor que predomina é o verde oscuro, pero poidemos visualizar que teñen outros compoñentes doutras cores.
Na columna de densidades observamos como os compoñentes de distinta densidade se ían colocando uns derriba doutros: os máis densos ao fondo. Como nas capas da Terra.
martes, 23 de setembro de 2025
Comezamos un novo curso de Club de Ciencia
Anímate a participar no Club de Ciencia! Daremos toda a información na reunión deste venres no primeiro recreo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





















