martes, 3 de marzo de 2026

Mosaicos regulares e semiregulares: LibreCad e cortadora láser

 

   Hoxe, martes 3 de marzo, na sesión do Club de Ciencia os nosos rapaces aprenderon a debuxar polígonos regulares co programa LibreCad. Queremos construir mosaicos Regulares e Semirregulares (cun so polígono ou con varios) coma a este da imaxe. Para iso na vindeira sesión empregaremos a cortadora láser de Polos Creativos para cortar as pezas deseñadas por nos, e faremos mosaicos uniformes coma este:


 As posibilidades son limitadas: só hai 8 mosaicos uniformes. Tentaremos construir un de cada tipo, e por suposto, mostrarémosvos aquí os nosos resultados. 

Necesitaremos bastantes pezas pero teremos paciencia e coa axuda desta nova tecnoloxía punta, vannos quedar moi chulos.

Aquí temos algunhas imaxes do que foi aparecendo nas vosas pantallas na sesión de hoxe:


A vindeira sesión coa cortadora láser promete ser moi interesante.
Unha actividade moi tecnolóxica rapaces!! 
 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario