Na última sesión do club de ciencia os nosos alumn@s aprenderon como reciclar porexpan:
1º Mezclamos acetona con tinte, para teñila de cor ao noso gusto.
2º Sumerximos o porexpan nesa mezcla, e observamos como rápidamente se tranformaba nunha pasta que podiamos moldear con facilidade.
3º Metemos a pasta en moldes con distintas formas.
Agora esperamos que nuns días sequen as nosas figuriñas perfectamente. E xa está!!
Nestas imaxes e videos podemos observar todo o proceso.
Grazas a tod@s!!









Ningún comentario:
Publicar un comentario